27 Sep '14, 2pm

Castelos no aire | Columna en @laopinioncoruna

A fins do verao, polo menos do verao do calendario, este periódico publicaba unha reportaxe sobre a potencialidade do turismo medieval. Non se refería ao que trae a súa comida e bebe nas fontes, nin ao que se ve reverenciando con papanatismo idolátrico unha centola como se fose a reencarnación comestible deses deuses indostánicos de varios brazos. Referíase ao turismo de castelos e fortalezas medievais, das que hai unha chea en Galicia. Tanta, que no Instituto Padre Sarmiento, dependente do Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), entre 1997 e 2006 fixeron un traballo de recompilación, no que atoparon medio milleiro de edificacións, pero o informe aínda está sen concluír e sen publicar. Un experto do CSIC citado na reportaxe dicía que, da mesma forma que fan en Inglaterra, Gales ou Escocia, podíase promover un turismo de sendeirismo ou adaptar os castelos p...

Full article: http://www.laopinioncoruna.es/opinion/2014/09/27/castelos...

Tweets